top of page

O Concello de Silleda inicia a vindeira semana a campaña de concienciación sobre o colector marrón

A día de hoxe estase realizando a formación dos instrutores que se encargaran de atender os puntos informativos que se instalarán nos cascos urbanos


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda iniciará a semana que vén a campaña de comunicación e promoción do uso dos contenedores marróns instalados nos cascos urbanos, una vez que finalice a formacións dos instrutores que se encargarán de atender os puntos informativos.

Así, instalaranse estes puntos tanto na praza da Feira en Bandeira comona praza do Siñor Afranio en Silleda, nos que se ofrecerá toda a información sobre o uso de estes contenedores, ademais de resolver todas as dúbidas que teña a cidadanía no tratamento do resto do lixo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais, nestes puntos informativos a veciñanza poderá recoller un caldeiro especial para este tipo de residuos, que irá acompañado dun rolo de bolsas compostables, que son as ideais para este tipo de residuos que debe depositarse sempre embolsado, aínda que tamén pode depositarse en bolsas de plástico normal. Cos caldeiros, entregarase tamén a chave que pecha estos contenedores xa que a partir da semana que vén se pecharán para evitar verquidos impropios


En todo caso, aqueles veciños e veciñas que o desexen poden achegarse directamente ao Concello para recoller este material , sen necesidade de solicitude previa.


Durante esta campaña, tamén se seguirán recollendo solicitudes para os composteiros domésticos individuais, que tamén poden realizarse chamando ao 900 909 744 (tanto a chamada como estes colectores son gratuítos). Dende o 2019, o Concello de Silleda leva repartidos máis de 300 composteiros entre a cidadanía que vive no rural a través do

programa Silleda Sostible.


Tanto esta acción de comunicación coma os caldeiros achegaranse a cidadanía a través dunha axuda da Xunta de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos recollida no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, que lle foi outorgada ao Concello de Silleda cun importe de 53.000 euros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Deste xeito, os fogares que soliciten estes puntos de reciclaxe poderán botar restos da cociña como froitas e verduras, carne e peixe, pan, legumes e cereais, ovos e cunchas de moluscos, froitos secos, pousos de café e infusións, panos e papel de cociña sen tinturas. Tamén se poden botar restos do xardín e horta como follas, flores, raíces e restos das colleitas, herba e palla, restos de poda triturados, cinza e serraduras de madeira sen aditivos, papel e cartón.


Esta iniciativa permitirá que nas casas se mellore a xestión dos residuos orgánicos, xa que poderán reciclar os restos de comida e restos vexetais de poda e de horta, todo elo sen que salgan da casa aportando así numerosos beneficios dende o punto de vista ambiental, social e económico. Ao non ser necesario recollelo nin transportalo ata o punto de xestión, almacenalo e finalmente reciclalo, se evitan emisións de CO 2 do transporte e tratamento e o propio custo de xestionalo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por outra banda, as persoas participantes obterán como produto final un fertilizante natural de excelente calidade con propiedades que melloran o solo, evitando así a compra e uso doutros produtos químicos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page