top of page

O Concello de Silleda inicia a redacción do seu V Plan Municipal de Igualdade

A comisión para a redacción do documento xa quedou constituída nunha sesión na que tamén se analizou o grao de cumprimento do plan anterior, "cun resultado moi satisfactorio"


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de iniciar a redacción do seu V Plan Municipal de Igualdade, un documento que recolle unha serie de accións e medidas destinadas á cidadanía, para

aplicar en diferentes áreas do municipio co obxectivo de acadar a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes. A comisión de Igualdade, formada por representantes técnicas e políticas do Concello de Silleda, xa mantivo en días pasados un primeiro encontro, logo de realizar sesións formativas en materia de igualdade.

Nesta primeira sesión, analizouse tamén o grao de cumprimento do plan anterior, o cuarto, con máis do 70% dos obxectivos cumpridos en diferentes áreas. Nesta primeira fase de autodiágnose realizaranse tamén distintas enquisas entre colectivos, asociacións, escolas municipais…. cas que se busca recabar información de cara á redacción do Plan de

Igualdade.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A comisión volverá a reunirse o vindeiro mes de xaneiro, para avanzar de cara á consecución deste Plan de Igualdade, que unha vez aprobado no Pleno se publicará tamén na web municipal. "Este Plan de Igualdade é unha mostra do compromiso do Concello coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos", recalca o Concello silledense.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page