top of page

O Concello de Silleda inicia a primeira campaña da recollida de plásticos agrícolas do ano

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda poñerá en marcha nas vindeiras semanas a que será a primeira fase do ano da Campaña de recollida de plásticos agrícolas e invernadoiros de 2022, un servizo

gratutito para as explotacións do municipio. A campaña, organizada dende os departamentos de Medio Ambiente e Medio Rural, que dirixen respectivamente Pili Peón e Jesús Taboada, ca colaboración da empresa SIMA, está previsto que se execute na semana do 23 ao 27 de maio.

As persoas interesadas en dispoñer deste servizo de recollida porta a porta, deben de chamar ao 986 580000, en horario de 08:00 a 14:00 horas. Deben indicar nome, enderezo, teléfono e ubicación dos plásticos. As solicitudes recolleránse ata o día 19 de maio.


Así mesmo lembrase que só se recollerán plásticos agrícolas e de invernadoiro, que hai evitar metelos en sacas big-bag que dificultan o proceso de reciclado e que estes fardos, deberán ter a menor suciedade posible, non poderán conter outras materias impropias como garrafas, fios de empacar, rodas, tubaxes de PVC,  e ser depositados en

lugar libre de obstáculos, coma árbores , maquinaria etc. para facilitar a reitrada.


Edición de folletos e bandos

Esta será a décimo cuarta edición desta campaña de recollida de plásticos, que se realiza en Silleda dúas veces ao ano, en primavera e no outono. Está previsto que nos vindeiros días se editen dípticos informativos para enviar aos domicilios, así como a colocación de bandos informativos para a veciñanza.


As campañas que se realizan en Silleda dende hai xa 14 anos son todo un éxito, cunha retirada de estes elementos contaminantes moi significativa. Así, no ano 2010 retiraronse un total de 92.060 kilos de plásticos agrícolas, nas dúas campañas realizadas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page