top of page

O Concello de Silleda informa dun novo positivo no campamento de verán, neste caso no de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este venres anunciábase un contaxio neste servizo lúdico levado a cabo na localidade de A Bandeira


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda informa que vén de detectarse tamén un novo positivo entre os menores usuarios do campamento de verán do Servizo Lúdico Educativo municipal, neste caso na localidade de Silleda. Este novo caso non garda relación co detectado onte venres no campamento da Bandeira.


"Ao igual que aconteceu na xornada de onte, as familias do grupo burbulla no que estaba este menor (no último mes houbo en Silleda tres grupos de mañá e dous de tarde) foron xa informadas, así como as autoridades sanitarias, que se encargarán de establecer os protocolos necesarios", indica o Concello.


De cara ao inicio a vindeira semana das novas quendas de agosto, os grupos do servizo tamén se reorganizarán nas instalacións de Silleda. O Concello tamén se encargará neste caso de proceder á desinfección das instalacións.

Noticia relacionada:

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page