top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda incorpora un novo remolque e trituradora polivalente ao seu parque móbil

Destináronse 30.504 euros, achegados a través dos Fondos de Compensación Ambiental da Xunta que lle corresponden ao Concello de Silleda e do plan Máis Provincia


Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda vén de incorporar ao seu parque móbil dos novos equipamentos: un remolque e unha trituradora polivalente lateral. Esta nova maquinaria, adxudicada á empresa Hermanos Villar A. U. S. L o por importe de 30.504,10 euros, IVE engadido, será destinada a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.

A adquisión foi realizada ao abeiro da orde do 28 de decembro de 2023, polo que se regulan os criteiros de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental de 2024, correspondéndolle ao Concello de Silleda un total de 28. 708,22 euros. A cantidade restante aportouse a través dos fondos correspondentes ao programa Máis Provincia da Deputación (4.990,28).


Responsables da empresa adxudicataria entregaron o novo equipamento ao goberno municipal, nun acto no que ademais de asistir a alcaldesa, Paula Fernández, estiveron presentes os edís de Medio Rural, Asunción García e de Obras e Servizos, Antonio Ferro, que se encargarán da coordinación dos traballos, así como traballadores municipais.


Publicidade

En concreto, o remolque modular de 1 eixo, instalarase nun dos tractores municipais e se destinará a tarefas de apoio para a apertura de cunetas. Este remolque vén a completar a flota municipal de obras que xa se ampliou o pasado ano ca compra dun camión, unha extendedeira de asfalto e un pisón.


A trituradora polivalente lateral acoplaráse a outro dos tractores permitindo maior velocidade de actuación nos traballos de desbroce. “Con esta complementarase o servizo no departamento de Vías e Obras, ao facilitar a apertura de cunetas previas aos traballos de mellora viaria”, di a alcaldesa Paula Fernández Pena. Neste equipamento inclúese tamén un portón traseiro abatible para facilitar as tarefas de carga e descarga.


Publicidade

A nova maquinaria destinarase principalmente a tarefas de limpeza de todos os espazos naturais así como faixas secundarias e terciarias, noiros de camiños e pistas de titularidade municipal, etc., así como ao transporte de restos vexetais.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page