O Concello de Silleda impide a Cobre San Rafael levar a cabo a súa campaña na feira da Bandeira
- ecosdacomarca
- 15 sept 2024
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Este sábado, 14 de setembro, estaba previsto que a furgoneta de Cobre San Rafael estaría na Feira da Bandeira, Silleda, como xa estivo en outras das comarcas como en Touro ou o Pino, para descubrir, como indica a propia firma nas súas redes sociais, "todas as oportunidades profesionais que temos dispoñibles. Queremos coñecerche e podemos darche información en primeira persoa sobre o noso proxecto mineiro-industrial" de Touro O Pino. Sen embargo, o Concello de Silleda emitiu onte un comunicado onde se informou que se lle impediu levar a cabo esta campaña.

"Achega o teu CV, comparte as túas aspiracións e explora todas as posibilidades de emprego. Non importa a túa experiencia previa, buscamos persoas comprometidas e con gañas de crecer cun equipo que valora a innovación e a sustentabilidade", indica a empresa.
Publicidade
Este é o comunicado do Concello de Silleda:
"A empresa citada presentou un escrito hai uns días solicitando ocupar un posto da feira para a recollida de curriculums.
A entidade foi informada telefonicamente dende Alcaldía que non se autorizaba a súa presenza no ámbito do mercado de venda ambulante.
Que pese a ser advertidos, esta mañá apareceron na Feira da Bandeira con intención de montar un posto.
Que a Policía Local lles advertiu que non tiñan autorización e que non podían estar no ámbito do mercado, xusto na xornada na que se reubicaron os postos, podendo instalarse en calquera outra ubicación. De feito, o furgón da empresa achegouse á Bandeira pasadas as 9:30 horas, cando os postos de venda ambulante estaban xa totalmente montados e tendo en conta que todos os postos da rúa Lourás tiveron que ser reubicados na xornada de hoxe (por onte ) por mor das obras que se están acometendo na praza e o seu entorno".
Publicidade
Hoxe a furgoneta desta empresa estará na II edición do Cross Country de Touro.
Comments