top of page

O Concello de Silleda felicita á Comisión de Festas de Verán e á Asociación Cultural O Lacón

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda felicita á Comisión de Festas de Verán da localidade polo éxito das celebracións que se desenvolveron na vila dende o pasado xoves. O alcalde, Manuel Cuiña, destaca en nome da veciñanza o traballo realizado polo grupo, “ca celebración dunha das festas máis concorridas dos últimos anos, cun programa que contou con novidades e con actividades para todos os públicos”, engade. Así mesmo, o rexedor felicita á veciñanza de Silleda pola súa implicación e colaboración.

Ademais organización das Festas de Verán de Silleda quere agradecer publicamente o apoio dos veciños e veciñas de Silleda así como das empresas e negocios para a celebración do programa.


Os festexos arrancaron o xoves co II Lacón Rock, ao que sucedeu unha intensa xornada o venres ca XXII Festa do Lacón, á que asistiron 1.400 persoas. Organizada pola Asociación Cultural O Lacón, a festa batiu récord de asistencia, pechando unha xornada con outras moitas actividades.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Tamén o sábado se estrenou o Vermú Mariachi, unha das novidades do programa que tivo unha enorme acollida, o concerto da Banda Municipal de Silleda e a Banda de Getafe (Madrid) e a multitudinaria verbena con Olympus e Festicultores. No domingo, ademais das das dúas bandas de música silledense, os protagonistas foron os máis cativos, con actividades acuáticas na rúa Pontevedra.


“As festas foron un éxito, despois de dous anos sin celebrarse cun intenso programa que encheu as rúas da vila”, engade o alcalde agradecendo a colaboración de todas as agrupacións locais, e en especial o traballo da comisión organizadora.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page