top of page

O Concello de Silleda extende a rede da traída de augas ao lugar de Trasfontao

A actuación, con medios municipais, acométese en colaboración ca veciñanza, conectará ca línea que abastece ao Parque Empresarial Área 33


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda segue a extender a rede da traída municipal de augas. Así, veñen de comezar os traballos de ampliación no núcleo de Trasfontao, na parroquia de Silleda, que se acometen con medios municipais e en colaboración ca veciñanza. A alcaldesa Paula Fernández, e a tenenta de alcaldesa, Mónica González, visitaron os traballos que veñen a sumarse a outras actuacións realizadas nos últimos anos ca mesma fórmula.

“Continuando cas actuacións que xa se levaron a cabo, tamén se aproveitará para extender a traída a realización, de ser o caso, de obras de mellora de viais, aproveitando a apertura de zanxas”, indica a alcaldesa.


No caso de Trasfontao, o novo ramal conectará ca rede que abastece ao Parque Empresarial Área 33, situada preto do lugar de Trasfontao. Esta actuación vén a sumarse a outras realizadas en Rellas, O Castro (Manduas), Chapa, e parroquias como Saídres, O Castro, Taboada e Cortegada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén está previsto acometer nas vindeiras semanas outra actuación en Ponte, onde o Concello está á espera dos permisos pertinentes para o cruzamento na estrada autonómica.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page