A emprendedora silledense Sandra Chao Cruz ocupará o primeiro despacho dende o que ofrecerá un servizo de asesoría financeira
Laura Moure/Silleda
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e a emprendedora silledense Sandra Chao, asinaron esta mañá o contrato de cesión de uso do primeiro dos despachos do vivero de empresas, convertíndose así na primeria usuaria de este edificio municipal, e que adicará o mesmo á asesoría financeira, profesión na que conta cunha ampla traxectoria.
Así Sandra Chao convírtese na primeria emprendedora en usar estas instalacións, para as que xa se conta con outra solicitude de uso, en concreto da Comunidade de Propietarios de Área 33, e que neste momento atópase en fase de avaliación por parte da Comisión de
Seguimento do Viveiro, órgano que se constituíu para a xestión do mesmo.
Publicidade
Á estrea do viveiro acudiron o mandatario, a concelleira de Xestión Urbana, Medio Ambiente e Promoción Económica, Paula Fernández; e a tenente de alcalde, Mónica González, que celebraron o arranque de funcionamento do vivero invitando ao uso do mesmo. "Neste momento temos tres despachos totalmente equipados para que a nosa xente poida iniciar a sua empresa", dixo Cuiña, lembrando que poden optar aos servizos do Viveiro non só empresas de nova ou recente creación, senón tamén como é o caso de Sandra Chao, aquelas empresas que aínda estean en proceso de constitución.
Publicidade
Para máis información poden consultarse as bases na web ou no taboleiro municipal ou dirixirse á Concellería de Xestión Urbana, Medio Ambiente e Promoción Económica a través do mail emprego@silleda.es
コメント