Máis de 600 pilotos de 30 países e 3.000 persoas de equipos e organización participarán no evento
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda será, a partir deste sábado, o centro neurálxico dunha das competicións de motociclismo máis prestixiosas a nivel mundial: a 98ª edición dos Seis Días Internacionais de Enduro (ISDE). Esta é a primeira vez que este evento, coñecido como as “Olimpíadas do motociclismo”, se celebra en Galicia. Entre o 12 e o 19 de outubro, máis de 600 pilotos procedentes de 30 países, acompañados de ata 3.000 membros da organización e equipos auxiliares, xunto con miles de visitantes, formarán parte dunha competición que se desenvolverá nos concellos de Lalín, Santiago, A Estrada e O Irixo. Non obstante, o Concello de Silleda acollerá as oficinas centrais, o paddock, as zonas de verificacións, a Training Area e o parque pechado, converténdose no corazón desta proba. Será unha intensa semana de resistencia e velocidade que culminará coa agardada proba final de motocross, que terá lugar no Recinto Feiral da Semana Verde.
Estímase que o impacto económico directo superará os 4,5 millóns de euros, consolidando esta competición como un dos eventos deportivos máis importantes do calendario mundial e a máis antiga do seu formato.

O Concello de Silleda subliña a relevancia deste evento, que posicionará a vila a nivel internacional grazas á ampla cobertura mediática e ás retransmisións globais. Esta oportunidade única reforzará a imaxe de Silleda no ámbito turístico e como un destino de referencia para a celebración de grandes eventos deportivos.
Ademais, en liña co firme compromiso do goberno municipal coa sustentabilidade, a organización incorporou a técnicos ambientais para garantir que todos os percorridos e instalacións cumpran cos estándares de minimización do impacto ambiental. Entre outros aspectos, abordaranse a xestión de residuos e a redución do impacto acústico, seguindo un modelo de xestión que busca unha pegada positiva non só a nivel deportivo, senón tamén a nivel ambiental e social.
O Concello de Silleda convida a toda a cidadanía a participar e gozar deste acontecemento sen precedentes, que converterá á vila no punto de referencia mundial do motociclismo durante esta semana única.
Publicidade
Asimesmo, o Concello de Silleda incluíu na memoria para a obtención do recoñecemento a
aprobación por unanimidade no pleno da declaración institucional para a incorporación ao proceso de localización da Axenda 2030, así como a adhesión de Silleda á Rede de Entidades Locais para a promoción dos ODS no ámbito municipal.

Paula Fernández agradécelle á Xunta este recoñecemento, “que é resultado do traballo feito nos últimos anos, con gobernos comprometidos co medio ambiente,” e que sitúa a Silleda como referente en sustentabilidade e coidado do medio ambiente en Galicia.
Comments