top of page

O Concello de Silleda e a Residencia convidan a cear nestas datas ás persoas maiores que vivan soas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O departamento de Benestar Social encargarase de seleccionar aos veciños, que tamén poderán recibir menús nas súas casas no caso de non poder desprazarse


Laura Moure/Silleda

Para paliar a soidade que padecen algúns maiores nestas datas significativas que se aveciñan, o Concello de Silleda e a Residencia e Centro de Día de Maiores volven poñer en marcha unha novidosa iniciativa. Así, convidarán a cear o día de Noiteboa e Noite Vella, e aos xantares de Nadal (o vindeiro 25); de Ano Novo (1 de xaneiro) e o domingo 5 (día de Reis) a aquelas persoas que por distintas circunstancias non poidan pasar o Nadal en familia ou familias vulnerables que conten entre os seus membros con persoas maiores, que poderán recibir os menús de balde nos seus domicilios.


A concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, e técnicas do departamento mantiveron onte unha xuntanza ca dirección do centro para perfilar os detalles desta iniciativa, que xa se vén realizando dende fai algúns anos.


Publicidade  

Ademais as persoas que non poidan desprazarse recibirán o menú desas datas nos seus domicilios. Así mesmo, dende o departamento xa se está a traballar para contactar directamente con potenciais usuarios para informarlle desta posibilidade.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“O obxectivo é evitar que nestas datas que son eminentemente familiares haxa xente que por distintas razóns quede solo ou sola no seu domicilio”, indica a concelleira. Esta iniciativa enmárcase tamén no programa de acción contra a soidade non desexada, que vén de iniciarse este ano dende o Concello de Silleda e que contará con outras proposta.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page