top of page

O Concello de Silleda e a Fundación Roberto Rivas reúnense para redactar un acordo de colaboración

Tamén falaron doutras vías de colaboración para dinamizar o Viveiro de Empresas e establecer medidas para cumprir cos ODS


Laura Moure/Silleda

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e a directora da Fundación Roberto Rivas, Olga Rivas, reuníronse este venres para establecer novas vías de colaboración entre as dúas institucións. A primeira acción que levarán a cabo será a redacción dun acordo de colaboración.

Un dos obxectivos clave é a dinamización do Viveiro de Empresas. “Dotar ao Viveiro de Empresas de máis actividades para captar novos e novas viveiristas é o noso obxectivo principal”, sinala a alcaldesa Paula Fernández.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ambas entidades pretenden crear sinerxias para así dotar a este espazo municipal de iniciativas relacionadas coa formación e divulgación en cuestións empresariais. Tamén se quere converter ao Viveiro nun centro referente no mundo empresarial na comarca do Deza.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, queren establecer medidas vinculadas co cumprimento dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) para que tamén a cidadanía sexa máis consciente e comprometida con este tema. Ambas institucións coinciden en que Silleda é un Concello emprendedor. Polo tanto, de cara ao futuro, van desenvolver políticas de innovación, en

materia empresarial e de participación cidadá. Deste xeito, séguese apostando pola iniciativa emprendendora e o talento da poboación silledense.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page