Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Silleda e a Deputación fan tarefas de mantemento no campo de Outeiriño e na Gandareira

Laura Moure/Silleda

A Deputación de Pontevedra volve a colaborar un ano máis nas tarefas de mantemento dos campos de fútbol do municipo de Silleda. Así, nos últimos días realizáronse distintos traballos nos terreos de xogo de Outeiriño, en Silleda, e na Gandareira, na Bandeira, co descompactado do caucho e o peinado do campo.


Está previsto que nas vindeiras semanas se acometan as tarefas de mantemento nos outros dos campos, neste caso de herba natural, sitos nas parroquias de Lamela e de Laro. Neste último levarase a cabo tamén durante o verán a renovación do alumeado, a través do Fondo de Compensación Ambiental.


Dende o Concello a responsable municipal do departamento de Deportes, Mónica González, agradece a colaboración do organismo provincial na realización destas tarefas cos que se realiza o mantemento nos catro campos de fútbol do municipio.

O mantemento no campo de Outeiriño.

9 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE