top of page

O Concello de Silleda dá novas altas no SAF e amplía dous contratos de auxiliares

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Nos vindeiros días levaránse a cabo as probas para a selección de máis persoal a través dunha bolsa de emprego


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, no marco das melloras implementadas no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), vén de dar novas altas, en concreto de persoas usuarias con grao 3 de dependencia. Estas novas altas déronse despois da ampliación do contrato a dúas das auxiliares sociosanitarias da plantilla.

Esta ampliación do contrato, de luns a domingo, foi un dos compromisos acadados nas últimas reunións mantidas polo goberno municipal tanto cas auxiliares sociosanitarias como cas familias das persoas usuarias.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Entre as melloras propostas do servizo, figura tamén o uso dunha nova app do CIBERSAD, que permitirá mellorar a comunicación entre as auxiliares sociosanitarias e a coordinación do servizo. Esta aplicación está xa activa cos perfís de cada unha das traballadoras, e nos vindeiros días ser fará unha formación individualizada para cada unha das persoas para aprender o manexo desta nova ferramenta da comunicación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, nos vindeiros días levaránse a cabo as probas para a selección de novas persoas como auxiliares do SAF a través dunha nova bolsa de emprego. O exame celebrarase o vindeiro venres día 24. “Agardamos que este novo proceso que se activou nas últimas semanas de cara a ampliar a plantilla nos permita continuar reducindo a lista de agarda deste servizo básico para a veciñanza silledense”, conclúe a alcaldesa, Paula Fernández.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page