Ecos da Comarca/Silleda
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra vén de publicar este martes a convocatoria do Concello de Silleda do proceso de selección de dúas persoas como operarias de limpeza de edificios municipais e a creación dunha bolsa de emprego.
O proceso levarase a cabo mediante sistema de oposición (exame). Para participar no proceso establécense 5 días hábiles contados a partir do 13 de marzo, co que o prazo rematará o vindeiro martes día 19. As solicitudes deben realizarse ou ben no Rexistro municipal ou por Sede Electrónica.
Publicidade
As bases reguladoras do procedemento están publicadas, xunto coa convocatoria e o formulario de inscripción na web municipal www.silleda.gal e poden consultarse tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica.
Publicidade
Ademais da selección, abrirase unha bolsa de emprego que servirá no caso de precisarse novas contratacións por incapacidades temporais ou outras necesidades do servizo.
コメント