top of page

O Concello de Silleda contratará a 12 persoas como operarias a través do Plan Concellos

Os contratos, a xornadas completa, terán unha duración de nove meses


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda contará cun total de 12 persoas como novas operarias por un periodo de nove meses. Esta contratación levarase a cabo a través da Liña 3 do programa Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego. En total destínanse a este programa 187.290,54 euros, a maioría aportados pola Deputación de Pontevedra (185.290,54 euros).

Para este exercicio, a oferta inclúe unha praza de condutor/a de camión e 11 persoas como peóns de obras públicas, para a realización de tarefas vinculadas ao plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Estes foron os postos solicitados polo Concello de Silleda a través deste plan dentro da chamada liña 3. Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan obras e servizos nos vindeiros meses.


A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases que rexerán no proceso de selección destas persoas, e que se realizará ao igual que se vén realizando nos últimos anos a través do Servizo Galego de Colocación, (Oficina de Emprego), que enviará aos candidatos/as para realizar despois no Concello un concurso de méritos e entrevistas. Estes contratos laborais serán a tempo completo, de 37,5 horas semanais.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

“Un ano máis volvemos a contar con personal a través do Plan Concellos, unha medida que ademais de contribuir a creación de emprego no noso municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos á nosa veciñanza”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page