Ademais das melloras no local social de Cira e no campo de Lamela, en colaboración ca veciñanza, igual que no campo da festa de Lamela, tamén se levan a cabo actuacións no local social de Margaride
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda está a realizar traballos de mellora en distintos espazos públicos do rural. Así, despois de levar a cabo nas últimas semanas actuacións coma o pintado do palco da parroquia de Abades ou a dotación dun acceso con escaleiras ao campo da festa de Moalde dende o local social, onde tamén se realizaron melloras, estanse a realizar actuacións de mellora no local social de Margaride.

Os traballos consisten no pintado de todo o edificio, tanto interior como exterior, xa que acusaba un notable deterioro. Nos vindeiros días tamén se acometerán distintas dotacións no interior deste centro, cada vez máis utilizado pola veciñanza.
Nos últimos días tamén remataron as obras de mellora no local social de Cira, na antiga escola, donde se procedeu ao pintado das paredes e a outras melloras en colaboración ca veciñanza, así como os traballos de dotación do peche lateral no campo da festa de Lamela. “Como xa se anunciara dende o goberno, trataremos de ir mellorando estes espazos públicos para uso e disfrute da veciñanza, nalgún caso cun notable deterioro, sobre todo despois de dous anos sen uso polo paréntese que supuxo a pandemia”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Comments