Os comercios silledenses que desexen contar con este material, totalmente de balde, deben poñerse en contacto co administración local
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través do departamento de Promoción Económica, continua co reparto das bolsas sostibles e reutilizables, unha nova acción do proxecto da Deputación de Pontevedra “DA TÚA MAN”. Ademais de servir para reforzar a imaxe de marca do comercio local, funcionará como soporte para o lanzamento de campañas de sensibilización en relación á economía circular, a través dun código QR que trae impreso.

Os comercios silledenses que desexen contar con este material, totalmente de balde, deben poñerse en contacto co Concello de Silleda, vía telefónica ou enviando un mail a comercio@silleda.gal . Poden recibir ata tres tipos de lotes de bolsas de diferentes tamaños e materiais, que van dende o plástico ou algodón reciclados ata o PLA 100% compostable, para servir os seus produtos.
Publicidade
A concelleira de Promoción Económica, Paula Fernández, explica que “con estas bolsas
búscase, non só, a concienciación da importancia da economía circular mediante o reciclado de materiais, senón que ademais se reforce a imaxe de marca do comercio de proximidade como destino sustentable e respectuoso co medio ambiente onde se potencie o consumo responsable”. As bolsas levan un código QR impreso onde poder consultar diferentes campañas de sensibilización que teñen por obxecto mellorar a xestión de residuos ou información con pequenas accións que se poden facer no día a día para contribuír a sustentabilidade e á loita contra o cambio climático.
Publicidade
Trátase, ao fin, de que a cidadanía acceda dun xeito divertido e novidoso á información sobre a importancia da economía circular. Esta acción enmárcase no proxecto “DA TÚA MAN” que a Deputación provincial puxo en marcha no 2021 coa intención de favorecer a creación, desenvolvemento e consolidación de negocios do sector do comercio polo miúdo na provincia, así como axudarlles a abordar os novos retos competitivos trala pandemia pola Covid-19.
Comments