O Concello de Silleda continúa cas melloras no pavillón municipal César G. Fares
- ecosdacomarca
- 5 may 2023
- 1 Min. de lectura
Nos últimos días procedeuse ao pintado da fachada e á rotulación da entrada, completando así as tarefas de adencentamento deste espazo público
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda continúa cas melloras no pavillón deportivo municipal de Silleda. Así, nos últimos días procedeuse ao pintado da fachada principal do edificio, rotulando tamén a
cristalera co nome de César G. Fares, o deportista silledense a quen se lle adicou este recinto no ano 2012.

Con esta renovada imaxe exterior veñen a completarse outras dotacións realizadas nos últimos anos, como a instalación de luminarias LED ou a substitución das planchas laterais.
Así mesmo, dende o Concello de Silleda vense de presentar un proxecto para a reforma integral dos vestuarios deste recinto e dos do campo de Outeiriño, anexos a esta instalación, á liña de subvencións da Xunta de Galicia para a mellora de instalacións deportivas.
O pavillón silledense é un dos recintos máis utilizados pola veciñanza, con actividade diaria a través das Escolas Deportivas, durante a xornada de tarde e polas mañás ca utilización por parte do CEIP Plurilíngüe de Silleda –que imparte alí algunhas das clases de Educación Física- e do CDR de Cogami en Medelo.
Comments