O Concello de Silleda contará cun punto de información turística no Museo do Campo Galego
- Laura Moure
- 11 mar 2022
- 2 Min. de lectura
O centro, emplazado xunto ao auditorio Semana Verde, ofrecerá información á vez que realizará un desconto do 50% na entrada ao público procedente do Mosteiro de Carboeiro
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda contará dende este mes cun punto de información turística no Museo do Campo Galego e da Mecanización, sito nas instalacións xunto ao auditorio da Fundación Semana Verde.
Tendo en conta que o museo, que reabriu hai varios meses as súas portas trala pandemia, conta con personal permanente que atende o centro, todas as persoas que se acheguen Silleda disporán alí de información detallada sobre os recursos turísticos do municipio. O Concello de Silleda conta só cun Punto de Información Turística, a través da Rede Info Rías Baixas, no Mosteiro de Carboeiro, se ben non dispón deste no centro da vila, polo que para a realización destas tarefas se realizou un expediente de contratación de servizos ata finais deste ano.

Por outra banda, á marxe deste servizo, a Fundación do Campo Galego, que xestiona este museo, ofrece un desconto do 50% nas tarefas de entrada a todas as persoas visitantes que procedan do Mosteiro de Carboeiro, -onde se lles entragará o bono para a correspondente rebaixe- e que desexen coñecer as instalacións.
O Museo do Campo Galego foi inaugurado en novembro de 2019, convertíndose nun dos maiores recintos de exposición (con máis de 4.000 metros cadrados). A mostra recolle o devir do agro, dende a prehistoria ata os nosos días, contando con apartados expositivos de interese, coma o que recolle vehículos agrícolas da mítica firma Barreiros.
Tamén está previsto colocar, en colaboración entre ambas entidades, sinais direccionais cara o museo e punto de información, neste centro que amosa a evolución do sector primario a través dunha viaxe no tempo.
Comments