top of page

O Concello de Silleda contará con nove novos operarios a partir de abril a través do Plan Concellos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os contratos, a xornadas completa, terán unha duración de 6 meses


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda contará con nove novos operarios por un periodo de seis meses, dende o 1 de abril e ata o 31 de setembro. Estas novas contratacións levaránse a cabo a través da Liña 3 do programa Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego.

Así para este exercicio, cunha oferta que inclúe un total de nove postos: un/unha administrativo/a para servizos xerais; oito peóns para tarefas de mantemento e limpeza. Estes foron os postos solicitados polo Concello de Silleda a través deste plan dentro da chamada liña 3. Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan obras e servizos e tamén ao apoio –no caso do posto de administrativo- aos servizos xerais do Concello.

A selección do personal farase ao igual que se vén realizando nos últimos anos a través do Servizo Galego de Colocación, (Oficina de Emprego), que enviará aos candidatos/as para realizar despois no Concello un concurso de méritos e entrevistas. Estes contratos laborais serán a tempo completo, de 37,5 horas semanais. Estas contratacións supoñen un investimento de 92.300 euros, que se financiarán a través da citada liña do Plan Concellos. “Un ano máis volvemos a contar con personal a través do Plan Concellos, unha medida que ademais de contribuir a creación de emprego no noso municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos aos nosos veciños”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.


Manteis Caldo de Gloria

Por outra banda, e tal e como xa publicamos esta semana, o Concello de Silleda vén de sumarse á iniciativa “Caldo de Gloria”, da Fundación Rosalía de Castro e a Deputación de Pontevedra, para conmemorar o mércores día 23 o día da autora. Esta campaña dirixirase este ano no caso de Silleda aos comedores dos centros escolares, logo de distribuír material promocional en anos anteriores entre os locais da hostalería. Os manteis, proporcionados pola Deputación de Pontevedra, difunden a receita poética rosaliana, a partir do poema Miña casiña, meu lar, incluído no volumen Follas Novas (1880), no que

unha muller pobre que chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote, quentarse ó pé do lume e ser feliz.


Dende hai xa varios anos, en Silleda o Concello vén conmemorando o Día de Rosalía con distintas iniciativas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page