top of page

O Concello de Silleda celebrará o Día Internacional da Muller con obradoiros e formación online

Tamén se publicará na web municipal un manifesto conxunto da corporación destacando o papel da muller na pandemia que estamos a vivir

A manifestación do pasado 8M en Silleda.


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda organiza distintas actividades virtuais para festexar un Día Internacional da Muller diferente, marcado pola incidencia da pandemia. Así, e coordinados dende a Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM) celebraranse distintos actos formativos para conmemorar o 8M.


Ademais de colgar xa durante a fin de semana o manifesto da corporación municipal destacando o papel da muller ante a pandemia que estamos a vivir, tamén o luns estará dispoñible no portal web municipal un obradoiro de manualidades para crear o símbolo da muller con legumes e cores.


O martes día 9 terá lugar a primeira das sesións formativas online, que baixo o lema A actitude multiplica versará sobre a motivación das mulleres. As actividades formativas continuarán os días 25 e 26 de marzo con outro curso sobre xestión de redes sociais.


Nos vindeiros días proporcionaranse as instrucións precisas e máis datos sobre estes módulos de creación e formación, cos que se conmemorará no municipio o 8-M, ademais de colocar cartelería en distintos puntos e nas redes sociais.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page