top of page

O Concello de Silleda celebra por primeira vez o “Día dos Avós e das Avoas” cun encontro interxeracional

Será o 26 de xullo na Carballeira das Pedrosas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda organiza por primeira vez unha actividade específica para conmemorar o Día dos Avós e das Avoas, apostando por unha xornada de convivencia interxeracional, o respecto e o lecer compartido entre distintas idades. O “Día dos Avós e das Avoas” terá lugar o sábado 26 de xullo, de 17:00 a 20:00 horas, na Carballeira das Pedrosas, un espazo natural emblemático que acollerá unha tarde lúdica e participativa dirixida a toda a veciñanza.

Durante a tarde, as persoas asistentes poderán gozar de xogos tradicionais, pensados para fomentar a interacción entre avós, avoas, netos e netas, recuperando xogos populares e promovendo os valores da tradición e a transmisión xeracional. Ademais, haberá unha merenda gratuíta para todas as persoas participantes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Con esta iniciativa, o Concello quere recoñecer o papel fundamental que desempeñan os avós e as avoas nas familias e na sociedade, e ao mesmo tempo, crear un espazo de encontro entre xeracións, onde compartir experiencias, tempo de calidade e diversión.


A concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, destaca que “é a primeira vez que organizamos unha actividade pensada especificamente para homenaxear os avós e avoas, e facémolo apostando por un formato interxeracional, no que tamén participen os máis novos da casa. Queremos crear espazos onde distintas xeracións poidan compartir tempo, lembranzas e sorrisos, reforzando así os vínculos familiares e comunitarios.”


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As actividades serán totalmente gratuítas, mais é necesario inscribirse previamente chamando ao 986 592 037.


Dende o goberno municipal anímase a toda a cidadanía a participar nesta primeira edición do certame, que nace coa vontade de consolidarse como unha cita anual dentro do calendario de actividades culturais e sociais do Concello.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page