top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda avanza na mellora do servizo de alumeado público co programa “Silleda é luz”

Nos vindeiros días habiltarase a plataforma Liña Verde, para a xestión de todos os servizos municipais mellorando a comunicación ca veciñanza, así como un teléfono gratutito para a xestión de incidencias do alumeado


Laura Moure/Silleda

Este venres presentouse o programa municipal “Silleda é luz”, enmarcado no contrato do servizo de enerxético e de mantemento integral do alumeado exterior en todo o municipio, adxudicado á empresa Ferrovial. O alcalde, Manuel Cuiña, e o delegado para Galicia e Asturias da empresa, Álvaro Piñeiro, desgranaron os detalles e vantaxas do programa no marco do evento festivo e musical celebrado onte na praza Juan Salgueiro da capital municipal.

Manuel Cuiña destacou que ademais do aforro económico que suporá Silleda é luz, “cun prezo fixo do subministros durante os próximos 14 anos”, o servizo dará un salto cualitativo, con reducción nos tempos de atención, o cambio de máis de 3.300 luminarias a LED, e den 170 cadros de mando.


“Agora mesmo estanse a cambiar as luminarias e estamos seguros de que todas as vantaxes do servizo se irán notando nas próximas semanas ca incorporación de

destacadas novidades”, indicou. Así, avanzou que ao longo deste mes se implantará no Concello de Silleda o programa Liña Verde, que chega con esta iniciativa “pero que se implementará para todos os servizos municipais”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Esta plataforma, que a veciñanza poderá descargar de xeito gratuito en dispositivos

móbiles, inclúe unha serie de servizos para mellorar a xestión municipal e resolver

incidencias na vía pública, ademais de fomentar a comunicación ca cidadanía e a súa

participación e de concienciar sobre a importancia do coidado do medio ambiente. Así mesmo, Cuiña, tamén avanzou que no caso de “Silleda é luz”, se habilitará un teléfono gratuito de incidencias (call center) para informar de incidencias no servizo do alumeado público.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Pola súa banda, Álvaro Piñeiro, incidiu nas ventaxas a nivel aforro e sustentabilidade

da iniciativa. “Con este programa Silleda terá un alumeado máis eficiente, sostible e que permitirá unha xestión integral para a mellora do servizo”, indicou.


Cuiña e Piñeiro descubriron no acto a imaxe do programa, que incorpora emblemas

locais no anagrama como o mosteiro de Carboeiro ou a fervenza do Toxa. A presentación levouse a cabo nun evento que comezou con actividades infantís, co Samaín que se celebra estes días como protagonista, e conducido polo artista Dani Barreiro, que pechou a velada ca actuación da súa banda, Dani Barreiro & Friends.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Durante o evento, a luz foi protagonista lembrando que Silleda foi unha das primeiras

vilas de Galicia en contar con este servizo, grazas a Perfecto Pereiro Castro que fundou a Hidroeléctrica de Silleda, cunha primeira fábrica de luz na parroquia de Ponte no ano

1915.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page