Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Silleda aumentará a dotación económica do certame #Silledafainadal

Este mércores fíxose entrega dos premios aos gañadores desta edición


Laura Moure/Silleda

Este mércores entregáronse no salón de plenos os premios do segundo certame de decoración #Silledafainadal nun acto presidido polo alcalde, Manuel Cuiña, e cas concelleiras de Cultura, Mónica González, de Comercio, Pili Peón e de Educación e Benestar, Ángela Troitiño. Cuiña felicitou ás persoas e grupos premiados e agradeceu a todos os participantes a súa implicación nesta iniciativa, que vén de aumentar a participación neste segundo ano.


Así mesmo, tamén se anunciou que para a terceira edición se ampliará a contía económica dos galardóns, a fin de incentivar a participación e compensar o traballo das persoas participantes.

Na categoría colectiva o primeiro premio é –por segundo ano consecutivo- para a veciñanza do Barrio das Baratas de Silleda (700 euros); o segundo (500 euros) para o grupos Labercos, ca recreación realizada na praza de Juan Salgueiro, e o terceiro para a Asociación de Veciños Vagalume de Moalde (300 euros), pola súa árbore reciclada.


Na individual, a proposta gañadora foi a de Nerea Costa Alonso, veciña de O Pereiro, en Laro, cun galardón de 300 euros pola recreación de Laponia. O segundo para o balcón de Naiara Peña Conde, na rúa Carballeira do Chousiño, cunha creación feita con materiais de refugallo (175 euros); e o terceiro para José Luis Blanco Gil, pola fábrica de xoguetes recreada no balcón da rúa Venezuela (100 euros).


Así mesmo, o xurado, formado por integrantes dos colectivos ECOS, Anpa Raparigos, e AVEMA, decidiu tamén otorgar senllas Mencións Especiais ás decoracións da Escola Infantil A Galiña Azul e a Residencia de Maiores de Silleda. Todos os premios consisten en vales para gastar no comercio e na hostalería do municipio ata o vindeiro 30 de xuño. A reactivación económica era un dos obxectivos deste certame –convocado dende as

Concellerías de Cultura e Comercio- xunto coa promoción da creatividade e o fomento da participación veciñal.


“Ademais de axudar ao pequeno comercio e a hostalería, outro dos obxectivos era involucrar á veciñanza nun ano que foi outra vez complicado, algo que consideramos que se conseguiu ao participar xente non só das vilas senon tamén do rural”, indicou o alcalde Manuel Cuiña, que destacou ademais a orixinalidade das creación e o emprego de materias de reciclaxe, co uso de caixas, restos de madeira, botellas e tapóns de plástico, restos de podas, madeiras…