Ademais realiza inscricións para o curso de Competencias Clave, para o que se
valorará un novo ciclo formativo
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda ofrece información,asesoramento e orientación para solicitar as axudas da Consellería de Política Social e Xuventude para facilitar a obtención dos permisos de conducción clases B,C e D á mocidade galega.
O procedemento tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, concedéndose a todas aquelas persoas solicitantes que reúnan os requisitos, entre os que están ter feitos os 18 anos e non os 31, estar empadroadas nalgún Concello galego cunha antigüidade mínima de un ano, non estar traballando por conta propia nin allea e ter aprobado o/os permiso/os de conducir para o/os que solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
O importe das axudas son 400 euros para o permiso clase B, 650 euros para o clase C e 1300 euros para o clase D.
Publicidade
As solicitudes deberán facerse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo estará aberto ata o vindeiro 30 de setembro de 2024.
Por outra banda, o Concello de Silleda, a través do departamento de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, volve asesorar nas inscricións para os cursos de Competencias Clave, para as que se acaba de abrir a convocatoria de exame nivel 2 e 3.
Publicidade
As probas avalían a comunicación en lingua galega, en lingua castelá, en lingua estranxeira (inglés) e a competencia matemática. Poderán presentarse maiores de 16 anos (que os teñan feitos a 31 de decembro do ano natural no que se realizan as probas) e non estar en posesión de ningún dos requisitos establecidos para o acceso á formación dos certificados profesionais.
O prazo para inscribirse remata o vindeiro 15 de febreiro e todas as persoas que o desexen poden achegarse ata o departamento de Educación onde a través da Educadora Social se prestará orientación e asesoramento para o trámite da inscrición.
Publicidade
Ademais das inscricións, dende este departamento municipal, tamén se valorará impartir o curso de formación que contará con distintas materias de Nivel 2, en funicón do número de persoas interesadas en realizalo. Este ciclo formativo, de carácter presencial, faríase en vindeiras datas se ben xa se poden realizar preinscrición de cara a preparar as probas.
Comentarios