top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Silleda arranxará varios viais en Manduas con cargo ao plan 'Máis Provincia'

Este Concello continúa con Info Consumo cunha xornada sobre a garantía dos produtos


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda realizará o arranxo integral de varios viais na parroquia de Manduas con cargo aos investimentos que lle corresponden este ano dentro do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. En concreto actuarase sobre varios ramais na zona de A Moa-Quintela, completando así os traballos realizados en anos anteriores na zona de Andamollo e Vilaverde.


Durante a xuntanza celebrada ca veciñanza en días pasados, a alcaldesa, Paula Fernández anunciou que se nesta anualidade se acometerá este investimento que afectará a varios núcleos de poboación. A día de hoxe estase a redactar o proxecto no que se recollerán estes investimentos e que se acometerá con cargo aos fondos que lle

corresponden a Silleda no marco do programa Máis Provincia, da Deputación de Pontevedra.

“Con esta actuación quedarán listos os accesos a toda esta zona da parroquia, complementando actuación anteriores e mellorando viais nos que xa non caben máis reparación”, sinalou a rexedora. Este anuncio foi realizado durante a visita do goberno municipal a esta localidade, no marco da rolda de reunións ca veciñanza do rural.


O cambio das luminarias a LED, o servizo de recollida de lixo, os desbroces das vías municipais ou servizos de comunicación como o programa Liña Verde, son algúns dos puntos a tratar nestas xuntanzas que comenzaron a finais de febreiro e que continuarán nas próximas semanas, recollendo tamén as demandas e suxerencias da veciñanza.


Publicidade


Servizos como o de recollida de enseres a domicilio (sen custe para as persoas usuarias), ou a posibilidade de solicitar un composteiro de balde para os biorresiduos, figuran tamén na axenda de temas a tratar nas distintas localidades.


Nesta semana as citas foron este martes 19 en Siador e o xoves 21 será na parroquia de Escuadro, ás 21:00 horas.


Por outra banda, o Concello de Silleda, a través da Concellería de Promoción Económica, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, está a desenvolver a campaña Infoconsumo. O venres 5 de abril ás 18:30 horas, de novo na Casa da Xuventude, vai ter lugar a xornada informativa sobre “A garantía dos produtos”. Tanto esta charla coma as posteriores xornadas están abertas á cidadanía en xeral.


Publicidade

Co obxectivo de dispoñer de información en materia de consumo e coñecer os nosos dereitos para reducir os riscos de vulnerabilidade, haberá charlas nas que se asesorará á poboación silledense (mocidade, maiores, mulleres comerciantes…) de diferentes temas de interese.


Nas seguintes falarase dos Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar; Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas, dixitalización dos servizos…


0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page