top of page

O Concello de Silleda arranxará a pista de Rabo de Gato, en Moalde a través do Plan Marco

O investimento previsto no tramo, que vertebra varios núcleos de poboación desta parroquia, supera os 115.000 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa ca tramitación de proxectos para a mellora viaria do municipio. Así, presentarase ao Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024, tamén

coñecido como Plan Marco, a reforma integral do vial de Rabo de Gato, na parroquia de Escuadro. Trátase da pista que vai dende a conexión ca N-640 , no Alto de Xindiriz, ata o entronque da estrada que discorre pararela dende Cervaña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

En total as obras afectarán a un tramo de case 2,4 quilómetros de lonxitude, vertebrando ademais os lugares de Xindiriz, Caxamaría e Rabo de Gato, nos que se mellorará notablemente o accesos aos mesmos.


A alcaldesa, Paula Fernández, visitou este martes xunto co concelleiro de Obras e Vías, Antonio Ferro, a tenenta de alcaldesa, Mónica González, e o técnico autor do proxecto estas localidades, para coñecer de primeira man o alcance deste proxecto co que se reporá todo o firme e se avanzará na mellora dos servizos a estas localidades.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

É un viario que acusa un notable deterioro e que se atopa nunha zona onde se concentran tamén varias explotacións agrogandeiras. Mellorarase toda a capa de rodadura desta pista, entre outras actuacións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O proxecto estima un orzamento base de licitación para o arranxo deste vial, de 115.980,92 euros. Nos dous últimos anos a través deste programa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) executouse a mellora dos viais de Balántiga e Cumbraos (en Escuadro), o de O Castro- Negreiros e a de Portapiñeiro, na parroquia de Piñeiro.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page