O investimento previsto no tramo, dende o lugar do Carballo ata Forcas, xa na parroquia de Laro, supera os 119.000 euros
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda continúa ca tramitación de proxectos para a mellora viaria do municipio. Así, presentarase ao Programa Camiño Rural (anteriormente coñecido como Plan Marco), a reforma integral do vial de A Laxe, en Oleiros. Trátase da pista que vai dende a estrada autonómica PO-201 (Silleda-Laro), no lugar de O Carballo ata a localidade de Forcas, xa en Laro. Esta á ademais a única vía de acceso para a veciñanza do lugar de A Laxe, en Oleiros.

Ademais da reforma integral desta vía, que con máis de 1,4 quilómetros, comunica un dos núcleos con máis poboación da zona, tamén se mellorará o trazado no tramo inicial, eliminando unha curva pronunciada grazas a cesión de tres persoas propietarias. Eses terreos, entran ademais no proceso de concentración parcelaria que se están a levar a cabo na localidade de Oleiros.
A alcaldesa, Paula Fernández, e a tenenta de alcaldesa, Mónica González, mantiveron unha reunión ca veciñanza da zona xunto co enxeñeiro redactor do proxecto para explicar a mellora que se levará a cabo a través deste programa que convoca a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
É un viario que acusa un notable deterioro e que se atopa nunha zona onde se concentran tamén varias explotacións agrogandeiras e pola que circula o transporte escolar. Mellorarase toda a capa de rodadura desta pista, entre outras actuacións, como a dotación de cunetas tendidas en algún tramo.
O proxecto estima un orzamento base de licitación para o arranxo deste vial, de 119.156,92 euros . Nos últimos anos a través deste programa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) executouse a mellora dos viais de Balántiga e Cumbraos (en Escuadro), o de O Castro-Negreiros, Portapiñeiro, na parroquia de Piñeiro e Rabo de Gato, en Moalde.
Comments