top of page

O Concello de Silleda arranxa distintos espazos públicos no rural

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Estase a realizar a mellora do local social de Cira, en colaboración ca veciñanza, igual que no campo da festa de Lamela e tamén se realizaron melloras en Moalde e Abades


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda está a realizar traballos de mellora en distintos espazos públicos do rural. Así, nas últimas semanas levaronse a cabo actuacións coma o pintado do palco da parroquia de Abades ou a dotación dun acceso con escaleiras ao campo da festa de Moalde dende o local social, onde tamén se realizaron melloras.

Nestes días os traballos céntranse no local social de Cira, na antiga escola, donde se procedeu ao pintado das paredes e a outras melloras en colaboración ca veciñanza.

Tamén en colaboración ca veciñanza se están a realizar traballos nun dos laterais da cuberta do campo da festa de Lamela.

Nos vindeiros días está previsto tamén actuar no local social de Margaride. “Como xa se anunciara dende o goberno, trataremos de ir mellorando estos espazos públicos para uso e disfrute da veciñanza, nalgún caso cun notable deterioro, sobre todo despois de dous anos sen uso polo paréntese que supuxo a pandemia”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page