Contabiliza 10 fontes non potables segundo as analíticas feitas ata o de agora
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través do departamento muncipal de Augas, vén de iniciar a sinalización das fontes públicas (como de auga potábel ou non potábel) así como informando das últimas analíticas realizadas. Do mesmo xeito tamén se está a actualizar o rexistro de fontes existentes en todo o termo municipal, onde ese contabilizan preto dun centenar de mananciais canalizados. Así mesmo, xunto co indicativo das características das fontes se están a colocar os datos das últimas analíticas realizadas aos caudais.
Das últimas 28 analíticas realizadas nas últimas semanas, hai 10 casos nos que a auga non é apta para o consumo, se ben nalgún caso se repetirán as analíticas. “Con esta iniciativa tratamos de velar polo correcto funcionamento das fontes, para que o consumo de auga nestes mananciais públicos non implique risco para a saúde”, sinala o alcalde, Manuel Cuíña, que destaca que os paneis que se colocarán incluén datos detallados cos motivos polos que a auga non se pode consumir, “para ofrecer cumprida información á cidadanía”, engade.
O listado das dez fontes non potables, segundo as analíticas feitas ata o de agora son:
Fonte de Merín, en Fiestras.
Fonte de Bazar, Abades.
A fonte de arriba – Sachocos (Negreiros).
Fonte de O Barral, en Bazar.
Fonte do Campo de Vilar (Cira).
Fonte do Lavadoiro (Dornelas).
Fonte do Campo da festa de Lamela.
Fonte das Rosquilleiras de Abades.
Fonte de Graba (xunto á taberna)
"Tamén se analizou por petición veciñal, aínda que non se usa para consumo humano a fonte do Picho de Bazar, que tampouco deu como apta. Algúnhas delas teñen indicadores de non potabilidade leves", apunta o Concello.
Comments