O Concello de Silleda analiza a situación dopersonal do Servizo de Axuda no Fogar
- Laura Moure

- 31 dic 2021
- 1 Min. de lectura
“Faremos todo o que esté nas nosas mans para poder pagar todos aqueles impagos que sexan certificados”, indica o rexedor, Manuel Cuiña
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda continuará nas vindeiras semanas analizando a situación da plantilla de traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. O alcalde, Manuel Cuiña, a concelleira de
Benestar Social, Ángela Troitiño, e a tenente de alcalde, Mónica González, mantiveron este xoves un primeiro encontro cas delegadas das traballadoras e co secretario comarcal da CIG, Antón Álvarez Merayo.

Na reunión analizáronse cuestións técnicas relacionadas ca situación contractual da empresa concesionaria do servizo, Pedroso y Rojas, despois de que a central sindical denunciara o impago e retraso nas nóminas. Dende o goberno municipal Manuel Cuiña explicou que os servizos técnicos xa están a estudar distintas cuestións e que se analizará toda a documentación que presente o personal para tratar de dar solución á problemática existente. Tamén explicou todos os pasos dados polo Concello de Silleda dende que se coñeceron os embargos á empresa por parte da Seguridade Social.
“Dende o Concello de Silleda faremos todo o que esté nas nosas mans para poder pagar todos aqueles impagos que sexan certificados”, indica o rexedor.
O encontro foi solicitado días atrás pola CIG e as representantes das traballadoras. Nos vindeiros días, unha vez que se analice a documentación aportada, convocarase un novo encontro para seguir avanzando no proceso.






Comentarios