top of page

O Concello de Silleda amplía o servizo de recollida de roupa e aceites usados no rural

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Instalaranse novos colectores en 9 parroquias, ampliando así os servizos destinados á veciñanza


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda reforza o seu compromiso co medio ambiente e a sustentabilidade coa ampliación da recollida selectiva de residuos no rural, ao instalarse novos colectores

específicos para roupa e aceites de cociña usados en nove parroquias do municipio, facilitando a reutilización e reciclaxe destes materiais e mellorando os servizos para a veciñanza.


As parroquias de Cortegada, Saidres, Moalde, Parada, Manduas, Graba e Lamela contarán con colectores específicos para roupa e aceites usados. Pola súa parte, en Escuadro e Cira instalaranse exclusivamente colectores para roupa, xa que nestas parroquias xa existen puntos de recollida de aceites “As parroquias rurais teñen un papel fundamental na preservación da nosa contorna, e con estas accións queremos facilitarlles ferramentas para avanzar nese obxectivo común”, di Manuel Requeijo, concelleiro de Transición Enerxética e Reto Demográfico.

Con esta ampliación, o Concello de Silleda dá un paso máis na ampliación dos servizos no rural, asegurando que a veciñanza poida acceder con facilidade a sistemas de recollida selectiva, un avance clave para fomentar unha xestión responsable dos residuos e protexer o medio natural.


A empresa AIR Servicios Ambientales, S.L. será a encargada de xestionar os residuos téxtiles, instalando para elo colectores específicos que permitirán recuperar roupa, zapatos e outros produtos téxtiles, reducindo o volume de residuos enviados aos vertedoiros e promovendo a súa reciclaxe e reutilización.


Os colectores estarán deseñados para garantir a seguridade e facilitar o seu uso, e AIR será responsable do seu mantemento e baleirado periódico. Este servizo será completamente gratuíto tanto para o Concello como para a veciñanza.


Pola súa parte, Green Ambiental, S.L.U. xestionará a recollida de aceites de cociña usados mediante colectores do tipo “botella dentro”. Estes instalaranse nas parroquias sinaladas e garantirán a correcta valorización dos residuos, evitando o vertido na rede de saneamento ou a mestura con outros residuos. Esta empresa, é a que ofrece este servizo no resto do territorio, e ademais realiza un servizo gratuíto de recollida en locais de hostalaría.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Manuel Requeijo, destacou que “esta ampliación de servizos responde ao noso compromiso de achegar a xestión sostible de residuos ao rural, garantindo que toda a veciñanza poida participar activamente no reciclaxe”. Coa instalación destes novos colectores, o Concello de Silleda avanza na implementación de políticas de desenvolvemento sostible, reforzando a recollida selectiva e fomentando a conciencia ambiental entre a veciñanza.


Estas iniciativas son un paso máis no compromiso do municipio co coidado do

medio ambiente e a mellora da calidade de vida no rural.

0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page