Reforzarase ademais a recollida de plásticos coa instalación de 33 novos colectores amarelos
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, na súa aposta por mellorar a recollida selectiva de residuos e a reciclaxe, vén de facer un novo esforzo na mellora dos servizos que se ofrecen no rural ampliando a recollida de papel en colector azul e reforzando a recollida de plásticos no colector amarelo. Así pois, ampliouse o servizo de recollida de papel ás parroquias de Chapa, Ponte, Dornelas, Abades e Siador coa instalación de colectores azuis nas mesmas, con que xa son 19 o número de parroquias que dispoñen deste servizo no termo municipal silledense.
Publicidade
Deste xeito, cúmprese o compromiso do goberno municipal para completar a recollida en todo o termo municipal.
Publicidade
Ademais destes colectores azuis que xa foron instalados, vanse repartir por todo o territorio 33 amarelos para reforzar o servizo de recollida de plásticos que xa está implantado en todo o Concello dende o ano 2015.
Toda vez que se está a implantar a compostaxe individual no rural, estase tamén a comprobar que diminuíu o volume de restos no colector verde, polo que agora un dos obxectivos é incidir na importancia da reciclaxe dos plásticos e envases lixeiros.
Publicidade
Dende o Concello lémbrase que a veciñanza do rural pode continuar solicitando composteiros domésticos individuais chamando ao 900 909 744 (tanto a chamada como estes colectores son totalmente de balde).
Comentários