Este reforzo, abrindo máis horas na fin de semana, vén dado para que o alumnado que se presenta aos exames da ABAU teñan un espazo onde estudar
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda amplíará a partir desta fin de semana o horario da biblioteca pública municipal Daniel Castelao. Deste xeito, dende esta semana e ata o 1 de xuño, o horario continuará sendo de luns a venres de 8:00 a 20:30 (de xeito continuado) e os sábados amplíase o horario de mañá e abrirase tamén de tarde. Deste xeito, o centro estará a disposición do público os sábado de de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Publicidade
Esta ampliación realízase con motivo dos exames da ABAU, que en Galicia terán lugar do 4 ao 6 de xuño, para que así todas as persoas que estean preparando as probas poidan estudar na biblioteca tamén durante a fin de semana.
Publicidade
Deste xeito, continúase mellorando o servizo prestado na biblioteca Daniel Castelao, que dende o seu traslado á rúa Trasdeza conta cun horario continuo de máis de 12 horas diarias durante a semana.
댓글