top of page

O Concello de Silleda adxudica a obra da ampliación do parque da Bandeira

A empresa Sotega Noroeste executará os traballos por importe de 38.259,39 euros amplianse os equipamentos existentes con mais xogos e unha pista multideporte



Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de adxudicar á empresa Sotega Noroeste S.L. as obras necesarias para ampliar o parque de xogos da plaza da Feira da Bandeira, por un importe total de 38.250, 39 euros financiada con cargo ao Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. A entidade presentou a mellor oferta no proceso, ao que concorreron un total de 15 empresas.

Estos novos xogos instalaranse no espazo que quedou libre na praza da vila logo da demolición da vivenda existente na mesma e que foi adquirida polo Concello. “O urbanismo ben entendido debe reordenar espazos para facilitar o seu disfrute por parte da cidadanía, e esta obra é o mellor exemplo. Recuperamos superficies públicas para a nosa rapazada” di a alcaldesa e responsable de Urbanismo, Paula Fernández.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

Así pois a obra incluirá a instalación de dous elementos de columpio tradicional destinado á poboación máis nova, ademais dun balancín de muelles, completando así a oferta de xogos instalada na mellora do parque feita hai agora un ano, cun investimento de máis de 100.000 euros no espazo infantil existente.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Ademais, neste mesmo espazo, instalarase unha pista mutideporte equipada con porterías e canastas para basket, que ocupará un espacio de 12x 6 metros, e que era unha demanda planteada polos propios rapaces usuarios do parque. As obras iniciaránse de maneira inmediata para compaxinar este traballo coa finalización das obras de mellora e humanización da praza, na zona da rúa do Entroido, que se están a levar a cabo a través do plan DUS 5000.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page