A xunta de goberno local adoptou hoxe o acordo dentro da tramitación desta compra, ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación, por 110.715 euros
Interior do consistorio silledense.
Laura Moure/Silleda
A xunta de goberno local de Silleda aprobou hoxe a adxudicación á empresa Angal Vehículos Industriales (a única que se presentou ao concurso) a adquisición dun camión con extendedora por un importe de 110.715 euros (IVE incluido).
Esta adquisión para o departamento de obras realizase ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra. Con este novo vehículo, que substituirá ao actual –con moita antigüidade- búscase mellorar sustancialmente o traballo do departamento municipal de Vías e Obras, que tamén se equipou cunha nova máquina compactadora a través da mesma liña do Plan Concellos hai xa varios meses, tal e como indica o Concello.
Mellora de vías municipais
Por outra banda, hoxe tivo lugar a primeira sesión da Mesa de Contratación do Plan de Mellora de Vías Municipais a través do Plan Concellos tamén da anualidade 2020, ca apertura do sobre A. O prazo de presentación do procedemento aberto rematou con cinco ofertas presentadas para a realización das obras de mellora en sete vías. A través deste plan, cun investimento previsto de 250.000 euros, o proxecto inclúe a dotación de aglomerado en Camiño do Foxo (un vial cercano á vila de Silleda); no lugar de Cimadevila, na parroquia de Escuadro; en O Marco, na parroquia de Siador, e a pista de Maril, en Fiestras. Tamén se inclúe outro vial en O Ribeirao (Negreiros) e outras dúas en Manduas, no tramo de Vilaverde-Medelo e en A Moa. "Trátase de viais que polo seu deterioro xa non admiten posibilidades de bacheo e que precisan un arranxo máis en profundidade, a maioría delas con aglomerado", apunta o Concello.
Comments