Trátase dun novo vehículo portacontenedores con guindastre que se empregará para ofrecer os servizos de recollida de residuos urbanos a través de UTE Silleda Sostible
Laura Moure/Silleda
A flota de vehículos da UTE Silleda Sostible vén de incorporar un novo camión para implementar os servizos que se prestan neste municipio. Trátase dun camión equipado cun brazo articulado con gancho (capaz de mover ata 20 toneladas de peso) e un guindastre situado tras a cabina (de gran alcance e capacidade de carga), o que o converte nun equipo de gran polivalencia, permitindo o transporte de bandexas metálicas, de contenedores e de compactadoras para a recollida de papel-cartón.
Ademais, pode elevar contedores tipo iglú ou outro elemento pesado que precise ser izado para o seu posterior transporte. Respecto ás características técnicas, o novo vehículo é un Volvo de 26 toneladas, de gran durabilidade, moi valorada en vehículos cunha elevada carga de traballo como é o caso dos destinados á recollida de residuos. O guindastre conta ademais con sistema multilift, que permite poder baixar a carga directamente ao chan a través de raíles.
Publicidade
Deste xeito, coa adquisición deste novo camión melloraranse os servizos que se proporcionan a través de Silleda Sostible, ampliando tamén o tipo de recollidas para así facilitar a reciclaxe de residuos. O alcalde, Manuel Cuiña, e concelleira de Medio Ambiente, Paula Fernández, e a tenente de alcalde, Mónica González, acudiron xunto cos
representantes da UTE Silleda Sostible á presentación deste novo equipamento.
Publicidade
“Con esta nova incorporación, incluida nos pregos de adxudicación do servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbanos, continuarase avanzando nas melloras dos servizos que se prestan, en especial na recollida de papel e cartón, ao permitir o uso dunha compactadora”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Comentarios