Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Silleda activa un ano máis becas para estudantes universitarios e de ciclos formativos

As bases das dúas convocatorias someteránse o xoves á aprobación do Pleno, cunha dotación de 20.000 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Educación que dirixe Ángela Troitiño, pon en marcha un ano máis as axudas a estudantes universitarios e de ciclos formativos para o vindeiro curso académico. As bases que rexerán a convocatoria figuran na orde do día do vindeiro pleno ordinario que terá lugar este xoves día 29 ás 11:00 horas.


As becas municipais están destinadas a persoas que cursen estudos universitarios (agás os que cursen Másters, Posgraos ou Doutoramentos) e estudantes de ciclos formativos (medio ou Superior) que cursen estudos oficiais en algún dos Campus e/ou institucións da Comunidade Autónoma. Tamén se amplía como no anterior curso o abano de persoas destinatarias, incluíndo Ensinanzas Artísticas Superiores e modalidades de Bacharaleto.


O importe máximo da subvención por beneficiario/a será de 450 euros, para o curso 2021/2022. Poderán optar a estas axudas persoas residentes e empadroadas no municipio de Silleda (alomenos un ano antes da publicación das bases), e que cursen os referidos estudos universitarios e ciclos formativos. Así mesmo, a renda per cápita familiar debe de ser igual ou inferior a 6.000 euros.


Ao igual que aconteceu xa nos últimos anos, as axudas serán con ingreso directo na conta bancaria dos beneficiarios. As solicitudes poderán presentarse nun prazo de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP. As solicitudes deben de presentarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, cumprimentando o formulario anexo as bases e achegando outra documentación. Así, os solicitantes deben presentar fotocopia do seu DNI, da matrícula do curso escolar en curso, copia da renda familiar do exercicio 2020, ou no seu caso certificado da Axencia Tributaria de non telo e certificación bancaria da conta a nome do beneficiario da axuda ou no seu caso do titor/a legal do mesmo.


“Se ben para o transporte moitas persoas estudantes poderán contar cos beneficios da Tarxeta Xente Nova, dende o Concello de Silleda queremos seguir apoiando aos nosos mozos e mozas, visto o esforzo que supón cursar estudos fóra do municipio, por iso continuamos apostando por estas becas”, indica a concelleira Ángela Troitiño.


Axudas para material escolar

Por outra banda, tamén se someterán a aprobación do Pleno as Bases das axudas complementarias para libros de texto e material escolar, neste caso destinadas a familias que precisan dunha protección especial ou ben teñen a todos os seus membros en situación de desemprego.


Todas estas axudas chegan con cargo ao orzamento municipal, no que se reservou unha partida específica de 20.000 euros para estas subvención de apoio ao estudo e a formación.

21 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE