top of page

O Concello de Silleda acondiciona unha zona de estacionamento na parroquia de Piñeiro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Antonio Ferro Losada, vén de acondicionar unha zona de estacionamento na parroquia de Piñeiro.

Operarios municipais traballaron nos últimos días nas tarefas de acondicionamento desta área, situada preto da igrexa e o cemitero parroquial.

Estes terreos, que xa se viñan utilizando por parte da veciñanza como zona de estacionamento, acondicionáronse con zahorra para melloras as condicións de acceso das persoas usuarias. “Era unha actuación moi demandada pola parroquia”, indica o concelleiro de Obras que se achegou onte ata o lugar para supervisar os traballos.


Equipo de bacheo

Por outra banda, o equipo de bacheo municipal, dependente do mesmo departamento, continúa estes días actuando en distintos puntos do municipio. O equipo incorporou a catro persoas como operarias a mediados do pasado mes de abril, con cargo á liña 3 do Plan Concellos da Deputación, para o fomento do emprego. A través deste plan tamén se incoroporaron outras catro persoas ao servizo de limpeza viaria municipal e unha administrativa nas oficinas xerais. O equipo de bacheo realizou nos últimos días actuacións en varios puntos de Chapa, Parada e Oleiros, entre outros.


Campus deportivo

Noutra orde de cousas, o municipo de Silleda volve ser, por segundo ano consecutivo, unha das sedes do campus deportivo de verán organizado polo Deportivo da Coruña.

Logo da súa estrea o pasado ano nas instalacións de Outeiriño, a cita celebrarse este ano nas dependencias do estadio da Gandareira, na Bandeira.


O campus terá lugar do 12 ao 16 de xullo, en horario de mañá, e está dirixido a todos os nenos e nenas do municipio de entre seis a 16 anos. As inscricións xa poden realizarse a través da web deporcampus.rcdeportivo.es , onde as persoas interesadas atoparán

tamén toda a información sobre o Depor Campus Cabreiroá.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page