top of page

O Concello de Silleda acondiciona unha aula no CEIP Ramón de Valenzuela

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de rematar os traballos de pintado para o acondicionamento dunha aula nas instalacións do CEIP Ramón de Valenzuela, na Bandeira. Operarios municipais realizaron nos últimos días este espazo do centro educativo no que se levarán a cabo distintas actividades.


Por outra banda, nas última semanas a Consellería de Educación acometeu tamén as obras de substitución da cuberta no edificio de Educación Infantil no CEIP de Silleda. Dende o Concello agárdase que dende a Administración Autonómica se completen, no menor tempo posible, as obras comprometidas pola Xunta en maio de 2021 para a reparación de baños, humidades e outras instalacións nos centros de ensino público do municipio.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page