top of page

O Concello de Silleda acometerá a mellora do pintado horizontal nas vías dos núcleos de Silleda e da Bandeira

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A actuación mellorará a sinalización e a seguridade viaria e incluirase no programa Máis Provincia


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda elaborará un proxecto para a mellora da sinalización viaria nos dous cascos urbanos do municipio. Trátase de unha ampla actuación que se executará con cargo aos fondos que lle corresponden a Silleda no programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. Así o anunciou este xoves a alcaldesa, Paula Fernández, durante o turno de preguntas na sesión plenaria ordinaria.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

“Buscase repoñer o pintado de todos os cebreados e tamén o pintado lonxitudinal de todas as rúas, mellorando así a sinalización e con ela a seguridade viaria”, explica.


Búscase con esta actuación mellorar os dous núcleos sillendeses tendo en conta que nalgún caso o pintado sobre o pavimento actual se atopa deteriorado ou cun estado de conservación deficiente. “Aínda que dende o Concello vimos actuando de xeito puntual repintando por exemplo os pasos de peóns xunto aos centros escolares, hai que ter en conta que esta sinalización horizontal precisa unha reposición xeral”, explica.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Actuarase sobre pasos de peóns (cebreados), flechas e outros indicativos, delimitación de zonas de aparcamento… e outros elementos de sinalización horizontal.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Repintado na rúa Progreso

Por outra banda, na xornada deste venres iniciáronse os traballos de repintado da sinalización horizontal na rúa do Progreso. Realízase a petición do Concello, que esixiu á empresa mellorar as deficiencias detectadas nesta actuación para a devolución do aval presentado. Tamén se procederá ao lavado e reparación de mobiliario urbano.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page