O personal que comezou o pasado día 1 a través do Plan Concellos está a traballar en diferentes equipos
Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda está a acomter os traballos de limpeza e lavado de prazas e espazos públicos nas vilas do municipio. As 12 persoas do grupo contratado a través do Plan Concellos da Deputación como operarias, está repartida en varios equipos.
Así, ademais do de Vías e Obras, que xa iniciaron os traballos de reparación viaria no rural, tamén se formou outro de albañilería e un de limpeza viaria, que comezou os traballos de lavado na vila de Silleda.
Despois do traballo realizado na praza da Igrexa, Benito Rivas e na praza Juan Salgueiro continuarán nos vindeiros días con estas tarefas.
Comments