top of page

O Concello de Silleda acomete a limpeza de canalóns no CEIP Ramón de Valenzuela

O goberno municipal reitera a necesidade de que Educación axilice ao máximo a reforma integal do CEIP Plurilíngüe de Silleda ante a preocupante situación das súas instalacións


Laura Moure/Silleda

Tal e como xa se anunciara en semanas anteriores, o Concello de Silleda, a través da Concellería de Educación –que dirixe Ángela Troitiño- iniciou na xornada de onte a limpeza de canalóns nas instalacións do CEIP Ramón de Valenzuela, aproveitando as vacacións da Nadal do curso escolar.

Esta mesma actuación de mantemento xa se levou a cabo no CEIP Plurilíngüe de Silleda durante a ponte da Constitución, hai agora un mes, seguindo cos compromisos do Concello de Silleda en materia de mantemento.


Unha vez máis, dende o goberno local retirérase a necesidade que que a Consellería de Educación, como titular dos dous centros escolares, acometa á maior brevidade as actuacións de mellora necesaria no CEIP de Silleda, onde as instalacións “xa non reúnen as condicións mínimas para que, tanto o alumado como o profesorado, desenvolvan a súa actividade con normalidade”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Se ben se licitaron os traballos de mellora no centro da Bandeira, o de Silleda, onde a situación de deterioro das instalacións é moi grave polas goteiras, humidades rotura de tuberías e ata cortes eléctricos, segue agardando polo proxecto de mellora integral comprometido no seu día.


“Agardamos, unha vez máis, que dende a Consellería se axilicen ao máximo estes traballos porque a situación do colexio de Silleda é apremiante e preocupante”, indica o rexedor.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page