As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 31 de xullo
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda a través da Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, abre o prazo de inscrición para participar no Servizo Lúdico Educativo durante o curso 2021-2022.
Este servizo, de apertura de centros escolares fóra das horas lectivas, é para o alumnado de 3 a 12 anos (Infantil e Primaria). As inscricións poderán facerse de xeito presencial no Rexistro Municipal en horario de 9:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica do Concello.
O prazo de presentación das solicitudes é dende o luns 19 de xullo ata o sábado 31 de xullo (ambos inclusive). Os formularios para a inscrición estarán dispoñibles no Rexistro Municipal e tamén na páxina web do Concello (www.silleda.gal)
Comments