O Concello de Silleda abre este xoves o prazo para o campamento de verán
- Laura Moure
- 27 abr 2022
- 1 Min. de lectura
As solicitudes poden presentarse por Rexistro ou por Sede Electrónica dende este venres día 29 e ata o 20 de maio
Laura Moure/Silleda
A Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, abre este venres día 29 o prazo de inscrición para o campamento de verán, que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, entre o 23 de xuño e a véspera do inicio do próximo curso, en setembro. As inscricións deben de realizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 09:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica, dende o venres e ata o 20 de de maio, como data límite.

Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no concello de Silleda. A selección realizarase de acordo do regulamento do servizo, no que se prima, entre outros, as necesidades de conciliación das familias.
O horario do servizo será de luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto ca folla de inscrición deberá de achegarse unha serie de documentación que estará dispoñible na web municipal (http://www.silleda.gal/) nas próximas horas
“Con este servizo continamos apostando por facilitar a conciliación das familias”, apunta a concelleira sobre esta iniciativa de verán incluída tamén no Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda.
Comments