top of page

O Concello de Silleda abre este xoves o prazo para o campamento de verán

As solicitudes poden presentarse por Rexistro ou por Sede Electrónica ata o 14 de maio e o servizo prestarase entre o 23 de xuño e a víspera do inicio do novo curso en setembro


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Educación de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, abre este xoves día 22 o prazo de inscrición para o campamento de verán, que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilingüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, entre o 23 de xuño e a véspera do inicio do próximo curso, en setembro. As inscricións deben de realizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 09:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica, dende o xoves 22 e ata o 14 de maio, como data límite.


Participantes nun campamento anterior. (Autor: C. de Silleda)

Poderán participar nenos e nenas de tres a 12 anos de idade empadroados no Concello de Silleda. A selección realizarase de acordo do regulamento do servizo, no que se prima, entre outros, as necesidades de conciliación das familias.


O horario do servizo será de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto ca folla de inscrición deberá de achegarse unha serie de documentación que estará dispoñible na web municipal (www.silleda.gal) así como o protocolo coas medidas preventivas pola COVID-19.





コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page