O Concello de Silleda abre a convocatoria das axudas á creación de emprego
- Laura Moure

- 21 abr 2022
- 2 Min. de lectura
O máximo subvencionable alcanza os 4.200 euros e dende a posta en marcha desta iniciativa outorgáronse 50 axudas
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda volve a apostar polo apoio ás persoas emprendedoras, ca continuidade do Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego, que dende o ano 2015 axudou á posta en marcha de 50 proxectos empresariais. Logo da publicación das bases o pasado mes de febreiro, o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar este mércores a convocatoria destas axudas, que se tramitan dende o departamento municipal de Emprego, que dirixe Pili Peón e que xa se poden solicitar ata fnais de ano.

As condicións son similiares ás de convocatorias anteriores (podendo solicitar estas axudas aquelas persoas que estén en situación de desemprego e queiran emprender proxectos pola súa conta), se ben hai que ter en conta que as contías se aumentaron na convocatoria de 2021. Así, a axuda por apertura de local comercial pasou de 300 a 600 euros, e a Alta no Réxime de Cotización de Autónomos de 600 a 900 euros. O importe máximo da axuda é de 4.200 euros. Ademais, trátase dun programa programa no que se valora a maiores a perspectiva de xénero, con discriminación positiva no apartado referido á contratación de persoal.
O Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego iniciouse no 2015 como unha das grandes apostas do goberno municipal de Silleda para fomentar a creación de emprego. “Calquera silledense que esté en situación de desemprego e queira emprender un negocio en Silleda conta con estas axudas a fondo perdido, sempre que cumpla as condicións establecidas nas bases”, lembra a concelleira.
Puntuación
Puntúase que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa duración; a apertura de local; a alta no Réxime de Autónomos; a contratación de persoal; e prímanse aqueles proxectos relacionados co sector primario, medio ambiente o que aposten polo I+D+I. Tamén se outorgan a maiores puntos extra, para aqueles casos nos que os proxectos sexan promovidos por mulleres con cargas familiares de unidades monoparentais. “O grande obxectivo que nos propuxemos con este programa é en definitiva axudar á creación de emprego, algo que nos temos en que estamos é cada vez máis necesario”, indica Peón. As axudas outorgadas poden consultarse na páxina web municipal (www.silleda.gal) ao igual que as bases e os anexos que hai que presentar para formalizar a solicitude.
Máis de 60.000 euros
Dende o ano 2015 o Concello de Silleda subvencionou a posta en marcha de medio centenar de proxecto, destinando en total 60.603 euros.
Estadías en residencias de tempo libre
Por outra banda, o departamento municipal de Benestar de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, informa ás persoas interesadas na oferta da Consellería de Política Social para pasar estadías de cinco días en réxime de aloxamento e pensión completa nas residencias de tempo libre de Carballiño e Panxón.
As solicitudes deben presentarse no departamento municipal, no Centro Social de Silleda. A reserva para a quenda de Panxón rematou este mércores e na residencia do Carballiño ofértanse tres quendas, acabando o prazo para primeira delas o vindeiro luns día 25, para a segunda o 30 de abril e para a terceira o 7 de maio.
Todas as persoas maiores de 65 anos interesadas no programa poden informarse sobre as condicións e custes no departamento municipal ou chamando ao 986 592037.







Comentarios