top of page

O Concello de Silleda aborda posibles colaboracións ca Asociación Española Contra o Cancro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A concelleira de Benestar, Ángela Troitiño e técnicas do departamento, mantiveron un encontro da traballadora social da entidade


Laura Moure/Silleda

A concelleira de Benestar e Sanidade de Silleda, Ángela Troitiño, reuniuse este martes coa representante da Asociación Española contra o Cancro, a traballadora social Marta Amigo.

No encontro, ao que tamén asistiron técnicas do departamento municipal, a representante da entidade plantexou as liñas de actuación a fin de establecer posibles.

Dende a asociación ofrécense recursos como: derivación de persoas usuarias, recursos económicos e de apoio, axudas a enfermos oncolóxicos e familiares. O obxectivo é fomentar un plan de acción para toda a xente que precise os seus servizos no municipio dunha maneira máis directa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Dende o Concello de Silleda informaremos ás posibles persoas interesadas dos recursos que se ofrecen dende a entidade”, indica Ángela Troitiño, recalcando a importancia de informar á veciñanza sobre a accións para as persoas aqueixadas desta enfermidade e as súas familias.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page