O Concello de Santiso xa ten aberto o prazo de inscrición do seu campamento de verán
- Laura Moure
- 30 may 2024
- 1 Min. de lectura
Os interesados poderán anotarse ata o 12 de xuño
Laura Moure/Santiso
O Concello de Santiso xa ten aberto, dende onte 29 de maio, o prazo de inscrición do seu campamento de verán. Os interesados poderán anotarse ata o 12 de xuño no propio Concello ou a través da súa sede electrónica.

Esta iniciativa está dirixida aos cativos e cativas de 3 a 14 anos e levarase a cabo dende o 1 de xullo ao 2 de agosto, habendo así unha única queda de cinco semanas. Haberá obradoiros, practicarase deporte, desfrutarán de excursións e de moita aventura. O horario do campamento de verán 2024 será de mañá, de 10:00 a 13:30 horas.
Publicidade
Prezos
Os nenos/as empadroados ou escolarizados no municipio de Santiso terán unha contía semanal de 5 euros e a data de empadroamento ou escolarización deberá ter unha antigüidade mínima de 2 meses.
Para os nenos/as de fóra do Concello a contía semanal será 15 euros.
Publicidade
Os interesados poden obter toda a información así como descargar o formulario de inscrición no seguinte enlace: https://santiso.gal/actos-cultura/campamento-de-veran-2024/
Comments